jueves, 6 de noviembre de 2025

OBRADOIROS DE STOP MOTION NA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Alumnado da ESO das materias Educación Dixital e Proxecto Competencial comparteron os seus saberes cos nenos e nenas de educación infantil e primaria nun experimento de aprendizaxe en cascada que tivo lugar o pasado xoves 30 de outubro 2025, coincidindo coa celebración do Samaín. Nun espazo da aula de psicomotricidade establecéronse pequenos rincóns de traballo onde os monitores/ras de ESO recibían aos pequenos/as para inicialos na elaboración de curtametraxes coa técnica Stop Motion. Non so abordáronse contidos tecnolóxicos (aplicación Stop Motion Studio, emprego de tablets, iluminación, etc), senón que tamén se puxeron a proba as pericias manuais do alumnado e a súa creatividade á hora de dar forma a figuras de plastilina que realizaban diferentes accións para representar nas pequenas curtrametraxes. Como o tempo era limitado ao menos tiveron esta pequena toma de contacto, e visto o éxito da experiencia, repetiremos xa dunha maneira máis programada e organizada nos vindeiros meses. 



 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

OBRADOIROS DE STOP MOTION NA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Alumnado da ESO das materias Educación Dixital e Proxecto Competencial comparteron os seus saberes cos nenos e nenas de educación infantil e...