O mércores 12 abril 2023, de 16:45 a 18:15, levouse a cabo unha sesión de formación para o profesorado impartida por Yolanda Castro López., enmarcada no PFPP Formación en Medios e Recursos Dixitais. Nesta sesión, fundamentalmente práctica, Yolanda Castro guiou ao profesorado participante na edición de audio utilizando o sofware Audacity, aproveitando a duración do obradoiro para aprender facendo e conseguindo un produto final: un podcast radiofónico. Desde os primeiros pasos (gravación do audio), a edición do mesmo con Audacity, ata os últimos pasos (a subida do podcast radiofónico nunha plataforma para a súa difusión), os/as asistentes poideron experimentar de primeira man e levar á práctica a secuencia de todo o proceso. Finalmente analizamos e valoramo o enorme potencial do produto final, un podcast radiofónico, na práctica educativa. O podcast é unha ferramenta didáctica que se pode abordar desde diferentes areas, materias e niveis e exerce como un elemento clave para a participación e o traballo colaborativo. O noso centro, o CPI Virxe da Cela, leva anos apostando pola radio como ferramenta didáctica, acompañados sempre de expertos cualificados que van formando ao alumnado como aos docentes.
1.Curso Audacity by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario