viernes, 13 de mayo de 2022

XORNADA DIXINNOVA E PREMIO DIGICRAFT

      O mércores 11 de maio, todo o alumnado de Educación Primaria do CPI Virxe da Cela viaxou a Santiago de Compostela, á Cidade da Cultura para acudir ao 1º Congreso de innovación educativa e dixital. No transcurso da xornada tiveron ocasión de participar en diferentes obradoiros: un de paseo “virtual” que contemplaba actividades do ámbito da educación física; outro, de realización de actividades interactivas, do entorno virtual de aprendizaxe, no marco do espazo edixgal, referidas, nesta ocasión, aos inventos tecnolóxicos ao longo da Historia, centrándose nos da Idade Media e outro dos obradoiros tratou sobre a aplicación da impresora 3D.  





     Ademais contaron coa conferencia dada por David Aguilar, un mozo andorrano de 23 anos que construiu as súas propias próteses de brazo con pezas de Lego e chegou a explicar o seu último modelo na mesma NASA. Hoxe en día, ademais de estudiar Bioenxeñería, está volcado, entre outros proxectos, na axuda a un neno de 8 anos, con circunstancias semellantes ás del, preparándolle a prótese personalizada.         Como colofón, todos puideron observar a participación de moitos colexios galegos no Superrreto Digicraft, programa de competencias dixitais da Fundación Vodafone, presentando diversos proxectos relacionados coa solución aos problemas medioambientais.

  
         E, o máis emocionante chegou coa entrega de premios aos mellores proxectos nas categorías de 6-8 anos e de 9-12 anos, resultando gañador, na primeira franxa de idade, as alumnas de 2º Educación Primaria do CPI Plurilíngüe Virxe da Cela: Lucía, Noa e Sara, capitaneadas pola profesora Cristina Lage. Xunto a elas o outro colexio premiado na sección de 9-12 anos foi o CEIP plurilíngüe Javier Sensat de Vigo. Ámbolos dous grupos gañadores representarannos no certame final a nivel nacional que se celebrará en Madrid na sede da Fundación Vodafone ,o vindeiro 14 de xuño. 


 Ánimo e sorte ás nosas representantes!

Aquí podedes ver toda a actividade do I Congreso de Innovación Educativa e Dixital DixInnova 2022:

https://www.youtube.com/watch?v=BAHx3hsWStM



Entrega de Premios




1º Ed. Primaria explicando ó xurado

3º Ed. Primaria preparando o Proxecto



2º Ed. Primaria presentando o seu Proxecto







No hay comentarios:

Publicar un comentario

INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL

 Mércores 27 novembro 2024.  Este programa institucional (Xunta de Galicia) que ten como obxectivo capacitar ao alumnado no uso responsable ...