Os pequerrechos/as de 5º de EI visitan a Aula Ferraganchos, acompañados pola súa profesora Ángela e polo auxiliar de conversa Johan Palma. Esta experiencia resulta moi divertida e interesante para os nenos e nenas ao poder coñecer o novo mobiliario e instalacións deste espectacular espazo da nosa escola utilizado para a Biblioteca Creativa e descubrir a cantidade de xoguetes, xogos e tecnoloxía que teñen á súa disposición. Aproveitaron a visita para aprender valores, utilzar a lingua galega e inglesa e iniciarse no fantástico mundo da "realidade aumentada" a través da lectura do conto "The Great Book of Values".
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Fíos, agullas e tecnoloxía: seguimos aprendendo!
Esta semana, as participantes do itinerario de Polos creativos do PFPP xuntáronse para intercambiar coñecementos e dar os primeiros pasos no...
No hay comentarios:
Publicar un comentario