Brais Boado pon a voz a Antón, un simpático neno que vai de peregrinaxe desde Ferrol ata Santiago de Compostela, facendo o Camiño Inglés (recordemos que este ano, 2021, é Ano Santo Xacobeo). Este interesante proxecto, realizado dentro da materia de Relixión (1º ESO), pretende abarcar de maneira multidisciplinar, aprendizaxes vinculadas coa busca e tratamento de información, Iintegrando tanto as TICs como o Proxecto Lector. Entre outros recursos utilízase a investigación, a contextualización, aredacción textos, a gravación de audio con dispositivos móbiles, e utilización de software específico para a edición de audio e video (audacity, crazytalk, filmora).
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Semana de Polos Creativos 25/26
Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...
No hay comentarios:
Publicar un comentario