Queremos difundir no noso blog esta data tan importante para conmemorar o "Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia", o 11 de febreiro.
O Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.
"Para facer fronte aos inmensos desafíos do século XXI –desde o cambio climático ata os trastornos tecnolóxicos– fainos falta a ciencia e toda a enerxía necesaria e, por iso, o mundo non pode privarse do potencial, a intelixencia e a creatividade dos miles de mulleres que son vítimas de desigualdades ou prexuízos tan arraigados. Neste Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a UNESCO fai un chamamento á comunidade internacional, aos Estados e a cada persoa para que se mobilicen a fin de facer realidade a igualdade, tanto no ámbito das ciencias como noutros campos. A humanidade só pode saír gañando, igual que a ciencia. "
Mensaxe de Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO,
no Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario