Un numeroso grupo de profesores e profesoras do centro asistiron o pasado martes 28 de xaneiro de 2020 á primeira das dúas sesións de formación sobre "Radio na Biblioteca Escolar" impartida dentro do seminario de formación permanente "Seminario Biblioteca Escolar". Lucía Abarrategui e Sergio Pascual, fundadores do Laboratorio Radiofónico Radio Itinerante Escolar, foron os encargados de impartir esta formación, que nesta primeira sesión tocou tanto aspectos técnicos (micrófonos, mesa de mezclas, programa Audacity) como literarios (elaboración dun guión radiofónico). Para a vindeira sesión, que terá lugar o próximo martes 4 de febreiro, os profesores/as participantes tendrán que gravar o seu programa radiofónico e poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Fíos, agullas e tecnoloxía: seguimos aprendendo!
Esta semana, as participantes do itinerario de Polos creativos do PFPP xuntáronse para intercambiar coñecementos e dar os primeiros pasos no...

No hay comentarios:
Publicar un comentario