viernes, 25 de octubre de 2019

XORNADA BIBLIOTECA CREATIVA "COMUNICACIÓN E CIDADANÍA"

    Asistimos á Xornada Biblioteca Creativa "Comunicación e Cidadanía" que tivo lugar o venres 25 de outubro de 2019 na EGAP (Santiago de Compostela).




     Nesta xornada formativa reuníronse aredor de 200  profesores e profesoras dos centros integrados nos programas BIBLIOTECA CREATIVA, RADIO NA BIBLIO e Bibliotecas LÍA.2, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nunha xornada formativa. Distribuídos en catro grupos ao longo da mañá, en función dos anos que levan integrados no programa, estes docentes aprenderon a construír os escornabots e coñecer as súas aplicacións didácticas, formáronse no manexo e utilidades da impresión 3D, e achegáronse a experiencias de radio por parte de centros e de profesionais do medio. 
    Xa pola tarde, en sesión conxunta, tiveron a oportunidade de coñecer experiencias que xa están levando a cabo algúns centros pioneiros nestes programas, así como reflexionar sobre os datos dunha enquisa web para coñecer os novos espazos das nosas bibliotecas. Pechou a xornada Arantxa Mariscal, directora da biblioteca de creación UBIK, de Donostia, para falar da incorporación do comunitario á biblioteca. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENTREVISTA RADIOFÓNICA A MIKEL PASABANT

  Mikel Pasabant, deportista de élite na especialidade de vela, que compaxina a súa paixón co deporte coa faceta de docente no propio CPI Vi...