Aproveitando a conmemoriación do Día de Rosalía 2024, o venres 23 de febreiro facemos prácticas coa cortadora-gravadora láser deseñando e levando a cabo uns marcapáxinas de Rosalía de Castro. Son probas ou bocetos que perfeccionaremos con máis tempo unha vez que volvamos a reactivar o empréstito da cortadora-gravadora láser (propiedade do CFR de Ferrol), xa que agora temos que facer a devolución. De igual xeito para esta proposta contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que no caso dunha tirada máis grande, asumirá os gastos para adquirir o material.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
lunes, 26 de febrero de 2024
martes, 20 de febrero de 2024
ALUMNADO DE EDUCACIÓN DIXITAL 3º ESO UTILIZA A CORTADORA-GRAVADORA LÁSER
O martes 20 de febreiro de 12:35 a 13:25 horas, o alumnado de 3º da ESO que cursa a optativa de Educación Dixital, visitou a aula de tecnoloxía para facer as primeiras prácticas coa cortadora-gravadora láser. Asesorados por Manuel Sánchez, o profesor de tecnoloxía, os rapaces e rapazas poideron levar a cabo o proceso desde a maquetación da imaxe como da selección dos diferentes parámetros do programa específico Mr Beam, para decidir as características tanto do gravado como do corte, tendo en conta as características do material que se vai a empregar. Neste caso foi unha chapa de madeira, e aproveitando a proximidade da conmemoración do Día de Rosalía (23 febreiro), buscouse unha imaxe icónica da escritora galega.
lunes, 19 de febrero de 2024
LIBRETAS CO LOGO DO CENTRO EDUCATIVO
A cortadora-gravadora láser que temos á nosa disposición estes días (grazas ao empréstito do CFR de Ferrol), dentro do programa Polos Creativos, está sendo utilizada polo alumnado e profesorado do centro para facer probas, experimentos e tamén para personalizar algúns produtos. Uns dos produtos máis exitosos, e que servirá como agasallo ou obsequio do centro cando así o precise, son as libretas co logo e os datos do CPI Virxe da Cela.
miércoles, 7 de febrero de 2024
VISITA DA ASESORA DE POLOS CREATIVOS
Elisa Moreira García, asesora do CFR de Ferrol de Polos Creativas, visita o CPI Virxe da Cela o mércores 7 de febreiro de 2024. Desde inicios de curso deuse unha comunicación fluída coa asesora de Polos Creativos, quen está moi interesada en ofrecer todos os recursos materiais e humanos para implementar os Polos Creativos no noso centro. Despois de chamadas telefónicas e contactos mediante correo electrónico a súa presencia no centro contribúe a unha mellor coordinación, establecendo contactos tanto coa coordinadora de Polos Creativos, coa directora do centro e tamén co profesorado implicado. Nesta primeira visita Elisa comprobou as primeiras experimentacións que se están levando a cabo coa cortadora-gravadora láser, propiedade do CFR de Ferrol, que o noso centro ten en empréstito e que está instalada na aula de tecnoloxía.
lunes, 5 de febrero de 2024
FORMACIÓN EN CORTADORA/GRAVADORA LÁSER
Martes 6 de febreiro de 2024 teremos unha sesión de formación sobre a cortadora-gravadora láser para o profesorado inscrito no F2306157 PFPP F2331055 Polos creativos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela, impartido por Ángel Muíño Blanco, en horario de 16:45 a 18:45.
Semana de Polos Creativos 25/26
Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
O alumnado de infantil continúa practicando a programación para favorecer o desenvolvemento do pensamento computacional: De forma conectad...







