miércoles, 3 de marzo de 2021

ROBÓTICA E MÚSICA

A utilización da robótica na educación ten moitísimas posibilidades, xa que é un recurso moi atractivo. Así o experimentaron os alumnos/as de 2º e 4º da ESO que, guiados por Johan Palma, competiron nun divertido xogo tratando de manexar con tablets a pequenos robots Zowi nunha carreira de discriminación auditiva para alcanzar as imaxes de diferentes instrumentos musicais.  Martes 2 marzo 2021. 





sábado, 20 de febrero de 2021

GAFAS DE REALIDADE VIRTUAL

A través do emprego de dispositivos móbiles e gafas de Realidade Virtual o alumnado de 4º da ESO experimentou unha alucinante e expeluznante viaxe terrorífica, converténdose en auténticos protagonistas dunha historia que utilizaba a música como telón de fondo. Despois da experiencia Johan Palma abriu unha interesante debate sobre a presencia da realidade virtual nos espectáculos musicais. 






AMPARO. BODY PLANET. REALIDADE AUMENTADA

Agora que nas tablets do noso cole xa temos instalada a aplicación de Body Planet, o alumnado de 4º da ESO contou coa visita da xa famosa boneca "Amparo", e descubrir o corpo humano a través da realidade virtual. 






martes, 26 de enero de 2021

REALIDADE VIRTUAL

 Johan Palma, o auxiliar de conversa do noso centro, está a traballar na materia bilingüe Arts and Crafts coas novas tecnoloxías. Nesta ocasión iniciará aos rapaces e rapazas de EI no mundo da realidade virtual a través de diversas aplicacións para dispositivos móbiles. 











martes, 27 de octubre de 2020

IMPRESORA 3D: XORNADAS BIBLIOTECA CREATIVA 2020

 Martes 27 outubro. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)






A coordinadora da Biblioteca Creativa Castel@b da Biblioteca Castelao participa o martes 27 de outubro de 2020  a unha xornada de formación presencial centrada na impresión 3D para ampliar os coñecementos sobre aspectos relacionados coa biblioteca como laboratorio creativo de aprendizaxe e a cultura maker na biblioteca escolar. Esta formación tivo lugar na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). 

lunes, 26 de octubre de 2020

SESIÓNS EMITIDAS EN LIÑA: XORNADAS FORMACIÓN BIBLIOTECAS CREATIVAS 2020

 

 Luns 26 outubro 2020 a través da plataforma Zoom








O luns 26 de outubro 2020 tivo lugar unha sesión de formación telemática (de 16:00 a 20:00 a través da plataforma Zoom) sobre Bibliotecas Creativas para todos os centros que están no programa (o CPIP Virxe da Cela está por segundo ano consecutivo). Poidemos visionar as charlas de boas prácticas realizados en diferentes bibliotecas escolares galegas, centradas  en contidos relacionados coa biblioteca como laboratorio creativo de aprendizaxes, uso dos robots na biblioteca, contidos, organización e materiais do recuncho manipulativo, deseño e impresión tridimensional, actividades que propician a experimentación, apoio ao desenvolvemento do currículo e reforzo de competencias clave, entre outros. 

Semana de Polos Creativos 25/26

Entre os días 1 e 5 de xuño celebramos no noso centro a Semana de Polos Creativos , unha iniciativa deseñada para achegar ao alumnado e ao p...