Esta semana, o alumnado de educación infantil en compañía das súas familias, participou nos obradoiros de elaboración de postais de Nadal, que incluían un pequeno circuito. Con cinta condutora, unha bombilla e unha pila, deron luz ás súas postais!
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
jueves, 18 de diciembre de 2025
Regaliños para o Centro de día O Xestal
O pasado 16 e 17 de decembro, o alumnado de infantil e de 3º e 4º da ESO, acompañados das súas mestras, fixeron unha visita ao Centro de día O Xestal para pasar un tempo agradable e intercambiar experiencias interxeracionais.
Para agradecerlles este tempo xuntas/os, elaboramos diferentes xogos de mesa coa Impresora 3D (3 en raia, tabas, soportes para cartas e pezas de dominó...) e decoramos e gravamos adornos personalizados co nome de cada unha das persoas usuarias do centro empregando a cortadora láser MrBeam. Ademais, estreamos a Plotter de corte "Silhouette Cameo 5" para deseñar a bolsa dos xogos de mesa.
viernes, 5 de diciembre de 2025
Formación do profesorado en Silhouette Cameo 5
Obradoiro de postais - Educación Infantil
Esta semana, o alumnado de educación infantil en compañía das súas familias, participou nos obradoiros de elaboración de postais de Nadal, q...
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
Grazas ao PFPP de Polos, poidemos descubrir a multitude de posibilidades que nos ofrece a cortadora láser. Con ela, non só preparamos materi...
.jpeg)
.jpeg)








