miércoles, 19 de noviembre de 2025

OS DEREITOS DA INFANCIA, CONTADOS E CANTADOS NO COLE

 

O Día Internacional dos Dereitos da Infancia conmemorouse no noso centro cunha actividade moi especial e enriquecedora: un Contacontos en galego protagonizado polo alumnado de 1º de ESO e dirixido aos nenos e nenas de Infantil e Primaria.

O obxectivo desta xornada foi lembrar a todos que os nenos e nenas de todo o mundo "teñen dereito a vivir felices, protexidos e respectados".

A Rebelión de Contos

A peza central da actividade foi o conto "Lola e a rebelión dos contos". A través desta historia, a pequena Lola descobre que personaxes clásicos como Cincenta, Carapuchiña ou Hansel e Gretel están "cansos de sufrir sempre nas súas historias" e decidiron rebelarse.

Os personaxes esixían os mesmos dereitos que as nenas e nenos reais:

  • Unha vivenda digna, como pedían os Tres Porquiños.
  • Educación e familia que os coide, como soñaban Hansel e Gretel.
  • Igualdade e aceptación, como desexaba Pulgarciña.
  • E, sobre todo, vivir sen medo e en liberdade, como pedía Carapuchiña Vermella.

A narración serviu para reflexionar sobre como os contos axudan a entender mellor os Dereitos da Infancia, como o dereito á igualdade, á educación, á protección, á saúde ou ao xogo e a paz.

Música e Lembranzas

Ademais da contada, a xornada contou coa canción dos dereitos creada para a ocasión, cuxa mensaxe principal é:

"""Os dereitos da infancia non se escriben na area, porque os leva o vento cando sobe a marea...""

A intención era que eses dereitos quedasen gravados nos corazóns de todos.

Ao remate da actividade, os máis pequenos foron obsequiados cuns marcapáxinas nos que se representaban todos os dereitos, feitos con agarimo polo alumnado de 4º de ESO.

A xornada uniuse "a maxia dos contos coa forza dos dereitos" , conseguindo que o propio alumnado de 1º de ESO actuase como un elemento dinamizador e fomentando a súa creatividade e participación. Foi, sen dúbida, unha xornada moi enriquecedora.

Aqui tedes pendurado o conto, a canción e unha reportaxe gráfica da xornada.

CONTO


CANCIÓN "OS NOSOS DEREITOS"









jueves, 6 de noviembre de 2025

OBRADOIROS DE STOP MOTION NA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Alumnado da ESO das materias Educación Dixital e Proxecto Competencial comparteron os seus saberes cos nenos e nenas de educación infantil e primaria nun experimento de aprendizaxe en cascada que tivo lugar o pasado xoves 30 de outubro 2025, coincidindo coa celebración do Samaín. Nun espazo da aula de psicomotricidade establecéronse pequenos rincóns de traballo onde os monitores/ras de ESO recibían aos pequenos/as para inicialos na elaboración de curtametraxes coa técnica Stop Motion. Non so abordáronse contidos tecnolóxicos (aplicación Stop Motion Studio, emprego de tablets, iluminación, etc), senón que tamén se puxeron a proba as pericias manuais do alumnado e a súa creatividade á hora de dar forma a figuras de plastilina que realizaban diferentes accións para representar nas pequenas curtrametraxes. Como o tempo era limitado ao menos tiveron esta pequena toma de contacto, e visto o éxito da experiencia, repetiremos xa dunha maneira máis programada e organizada nos vindeiros meses. 



 




miércoles, 5 de noviembre de 2025

MARCAPÁXINAS CLUB LECTURA LARPACONTOS ESO

Para acompañar ás lecturas que se están a realizar no Club de Lecturas Larpacontos da ESO e premiar ao alumnado e profesorado implicado pola súa participación, fixemos o reparto duns marcapáxinas que conteñen tanto o nome do club como a primeira lectura que estamos levando a cabo, o icónico Drácula de Bram Stoker. Grazas ao programa de Polos Creativos podemos sacarlle partido á fabulosa cortadora-gravadora láser Mr Bean que temos a disposición no noso centro e que serve para facer grande variedade de traballos.





Obradoiro de postais - Educación Infantil

Esta semana, o alumnado de educación infantil en compañía das súas familias, participou nos obradoiros de elaboración de postais de Nadal, q...