lunes, 19 de mayo de 2025

Pontes de tesoira e de celosía

Os polos creativos son espazos educativos que fomentan o pensamento de deseño, o prototipado e o desenvolvemento de competencias crave. Dentro de está perspectiva construímos dous modelos de pontes aproveitando os recursos dos Kits de Polos creativos aportados polo CFR de Ferrol ao centro.

Nesta actividade que tivemos como proposta do Club de ciencias tivemos realizar diferentes procesos experimentando e aprendendo conceptos físicos como as forzas, as tensións ou explorar conceptos de enxeñería como  

as formas estruturais e as aplicacións prácticas do deseño e da construción dunha maneira creativa.  Ao tempo, empregamos varios recursos da dotación do Polo creativo como son as pezas kapla ou impresión 3D. Empregamos unha serie de bridas de plástico branco para manter as unións e tensores metálicos para traballar as tensións. 

O primeiro modelo que creamos foi unha ponte de tesoira. Este tipo de ponte caracterízase pola súa estrutura que comeza cunha estrutura en madeira de forma cadrada pero que incorpora tensores, que permiten que se expanda e contraia como unha tesoira. 

As pontes de tesoira adoitan utilizarse como pasarelas temporais ou móbiles, e poden ser útiles en situacións onde se necesita unha estrutura fácil de transportar e instalar.  Na súa montaxe vense perfectamente a importancia das tensións neste tipo de construcións.

O segundo modelo elaborado foi unha ponte de celosía, estrutura que utiliza unha serie de estruturas en forma de triángulos interconectados para distribuír o peso e proporcionar resistencia estrutural. Aprendemos que este tipo de ponte conta cunha gran eficiencia no uso de materiais e moita capacidade para cubrir grandes distancias. 

As pontes de celosía compóñense de varios elementos crave: 

  • Cordas: Son os elementos horizontais superior e inferior que forman a estrutura principal da ponte.
  • Montantes: Son os membros verticais que conectan as cordas superior e inferior.
  • Diagonais: Son os membros inclinados que conectan as cordas e os montantes, creando os triángulos que dan rixidez á estrutura.

A disposición destes elementos en forma de triángulos é crucial, xa que os triángulos son estruturas moi estables que distribúen as forzas de maneira eficiente. 

Desta forma as pontes de celosía poden soportar cargas tanto de compresión como de tensión, o que os fai adecuados para diversas aplicacións. 

Para darlles a configuración de produtos finais relevantes incorporamos ás pontes un taboleiro superior para que as pontes sexan aproveitados no areeiro da Ed. Primaria nas súas construcións.

Imaxe das pontes de tesoira e de celosía creadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Agasallos de fin de curso

Grazas ao PFPP de Polos, poidemos descubrir a multitude de posibilidades que nos ofrece a cortadora láser. Con ela, non só preparamos materi...