jueves, 29 de mayo de 2025

Radio cun sorriso: A fin do mundo? Coñecer para comprender

Proceso de investigación sobre as accións do ser humano coas que estamos provocando un cambio climático e que fai que perdamos a atmosfera pero tamén a perda da forma en que nos relacionamos coa vida. Esta realizado polo alumnado do 3º curso da Ed. Primaria do CPI VIRXE DA CELA que como produto final elaborou un programa de radio no que entrevistaron a unha persoa experta que destaca polo seu traballo e compromiso social desde a divulgación da astronomía e das problemáticas medioambientais que as actividades humanas producen.
Nel queremos dar valor á consecución dos ODS, concretamente cara o desenvolvemento do obxectivo 13 dentro dos ODS: Obxectivo 13: Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.

                                                   Imaxe autoeditada do proceso de toma de decisións.

A fin do mundo? Coñecer para comprender

Esta experiencia radiofónica pretende que o alumnado entenda que as actividades humanas e valore e aprecie o papel da investigación científica para coñecer e paliar as consecuencias das nosas accións. Concretamente o desenvolvemento do obxectivo 13dentro dos ODS: Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos (https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/climate-change-2/)

Na primeira parte das actividades compartimos diferentes temas de interese para decidir sobre que temática iamos investigar. O alumnado do 3º curso da Ed. Primaria do CPI Virxe da Cela decidiu investigar sobre o fin do mundo. Dentro desta investigación propuxeron unha persoa coñecedora desta temática para entrevistala. Neste caso entrevistaron a Carmen Dénevola, profesora do departamento de Pedagoxía e Didáctica na Facultade de Ciencias da Educación da universidade de Santiago de Compostela. Pero tamén conta cunha paixón: a astronomía. Así, forma parte da Agrupación AstronómicaCoruñesa IO. Esta asociación desde o ano 2002 fomenta a aflición, o estudo, a investigación e a divulgación da astronomía e realizan actuacións para divulgar e evitar a contaminación luminosa.

(LUCES)

Que situacións actuais no noso arredor nos preocupan?

Esta pregunta foi o primeiro achegamento á experiencia radiofónica deste curso. O alumnado respondeu persoalmente mediante unha chuvia de ideas marcadas con etiquetas nunha cartolina. Unha vez lidas todas cada quen defendeu a súa achega. Á elección deste tema axudaron as inquedanzas e os intereses do alumnado.
Manifestaron o seu interese por como será o futuro e como imos evolucionar. Aquí entrou o coñecemento do espazo e da importancia da investigación. Decidida temática a tratar informámonos sobre as preocupacións que temos: Porque teño medo as cucarachas que sobrevivan? Porque poden caer os edificios e morrer moita xente? Porque morreremos? Porque non poderíamos estar na Terra? Porque a Terra é o único planeta con aire?
Investigando, consultaron a varios científicos e descubriron que dentro de millóns de anos, o Sol perderá a enerxía e a Terra correrá perigo e chegaron a conclusión que é necesaria a investigación científica pero tamén unha adecuada divulgación científica.


                                            Imaxe autoeditada con momentos da entrevista a Carmen Dénebola.

Que aprendemos e que podemos facer?

Con esta proposta aprendemos que ademais de preocuparnos por situacións que non podemos comprobar podemos facer pequenas cousas no noso día a día e construír o noso futuro tendo en conta que é moi importante contar con persoas científicas que investiguen, que nos acheguen a realidade e que nos axuden a identificas cales son as claves para progresar de forma sostible.
Aprender e formarse é fundamental para que entre todas as persoas poidamos construír un mundo mellor.
O resultado deste traballo o tempos neste potcast: https://go.ivoox.com/sq/2673475
ç



Grado de implicación da comunidade educativa e impacto da experiencia no alumnado

Estamos ante unha experiencia educativa cunha gran relevancia que ten como maior logro que parte dos intereses do alumnado e que na mesma tiveron unha participación activa no seu desenvolvemento (aprendizaxe cooperativa, competencial, experiencial) xerando capacidade crítica e responsabilidade ante as problemáticas sociais. Ademais, contaron coa colaboración de entidades como Agareso (Rocio) que lles acompañou no proceso de creación radiofónica para que o proceso fose unha nova aprendizaxe e con Carmen Démola que conectou a perfección coa rapazada facendo unha labor de divulgación clara, sinxela e rigorosa. Isto, favoreceu o pensamento critico, a responsabilidade e ás competencias para un adecuado tratamento da información do alumnado.



martes, 27 de mayo de 2025

Gafas RV

 Dende hai uns días, dentro da dotación de Polos Creativos, contamos cunhas gafas de VR que nos permiten disfrutar de diferentes Galiversos para aprender sobre eles e ver as diferentes posibilidades educativas que poden oferecernos. Grazas as gafas, podemos entrar dentro da cripta do Apóstolo, descubrir o Portomarín vello, subir á Torre de Hércules, entrar dentro dun cadro de Peteiro ou mesmo percorrer o mundo somerxido galego coñecendo baleas, sardiñas, bateas.... ata astrolabios de pecios perdidos!




miércoles, 21 de mayo de 2025

Obradoiro xogos de mesa


 A Aprendizaxe Baseado no Xogo (ABX), xa forma parte da vida do noso centro, dende fai varios cursos tanto o alumnado de Educación Primaria como o de Educación Secundaria participa nun Club de Xogos de Mesa no que están a aprender diferentes contidos curriculares á par que se divirten. Ademais, este curso, dentro da etapa de Educación Infantil, os Exploradores de Monfero (alumando de 5º de Educación Infantil), integraron a ABX na súa aula. 

Como despedida do curso, o alumnado participante no clube (5º e 6º de Educación Primaria) en conxunto cos Exploradores, participaron nun o obradoiro da Bibliteca Creativa no que Aurora, de Alita Cómics, dinamizará con eles os novos xogos de mesa que chegaron ao centro estes días 












lunes, 19 de mayo de 2025

Pontes de tesoira e de celosía

Os polos creativos son espazos educativos que fomentan o pensamento de deseño, o prototipado e o desenvolvemento de competencias crave. Dentro de está perspectiva construímos dous modelos de pontes aproveitando os recursos dos Kits de Polos creativos aportados polo CFR de Ferrol ao centro.

Nesta actividade que tivemos como proposta do Club de ciencias tivemos realizar diferentes procesos experimentando e aprendendo conceptos físicos como as forzas, as tensións ou explorar conceptos de enxeñería como  

as formas estruturais e as aplicacións prácticas do deseño e da construción dunha maneira creativa.  Ao tempo, empregamos varios recursos da dotación do Polo creativo como son as pezas kapla ou impresión 3D. Empregamos unha serie de bridas de plástico branco para manter as unións e tensores metálicos para traballar as tensións. 

O primeiro modelo que creamos foi unha ponte de tesoira. Este tipo de ponte caracterízase pola súa estrutura que comeza cunha estrutura en madeira de forma cadrada pero que incorpora tensores, que permiten que se expanda e contraia como unha tesoira. 

As pontes de tesoira adoitan utilizarse como pasarelas temporais ou móbiles, e poden ser útiles en situacións onde se necesita unha estrutura fácil de transportar e instalar.  Na súa montaxe vense perfectamente a importancia das tensións neste tipo de construcións.

O segundo modelo elaborado foi unha ponte de celosía, estrutura que utiliza unha serie de estruturas en forma de triángulos interconectados para distribuír o peso e proporcionar resistencia estrutural. Aprendemos que este tipo de ponte conta cunha gran eficiencia no uso de materiais e moita capacidade para cubrir grandes distancias. 

As pontes de celosía compóñense de varios elementos crave: 

  • Cordas: Son os elementos horizontais superior e inferior que forman a estrutura principal da ponte.
  • Montantes: Son os membros verticais que conectan as cordas superior e inferior.
  • Diagonais: Son os membros inclinados que conectan as cordas e os montantes, creando os triángulos que dan rixidez á estrutura.

A disposición destes elementos en forma de triángulos é crucial, xa que os triángulos son estruturas moi estables que distribúen as forzas de maneira eficiente. 

Desta forma as pontes de celosía poden soportar cargas tanto de compresión como de tensión, o que os fai adecuados para diversas aplicacións. 

Para darlles a configuración de produtos finais relevantes incorporamos ás pontes un taboleiro superior para que as pontes sexan aproveitados no areeiro da Ed. Primaria nas súas construcións.

Imaxe das pontes de tesoira e de celosía creadas.

Almanaque científico

Dende a Unidade de Divulgación Científica e Cultural e dende o Servizo de Normalización Lingüística da UDC, así como dende o Servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, achégannos  un almanaque que nos achega a 365 efemérides do ámbito científico. 




sábado, 17 de mayo de 2025

Pandereitada

 Pola conmemoración das Letras Galegas, dende o equipo de Polos Creativos estivemos a preparar unhas pandeiretas coa impresora 3D para agasallarllas ao noso alumnado. Puidemos facelas grazas a unha compañeira do CEIP Juana de Vega que compartiu o deseño en .gcode públicamente nas súas redes sociais: graciñas compañeira por compatir o deseño!

Velaquí o resultado:













viernes, 16 de mayo de 2025

Mantemento dos elementos de xogo do patio de Ed. Infantil

Este curso colaboramos no mantemento dos elementos de xogo simbólico da etapa da Ed. Infantil. Tamén, na montaxe e adecuación para o exterior de dous andeis que complementan estes recursos.

Nivelar estruturas, apertar parafusos e dar unha man de aceite.

Da gusto o alumnado de 6º curso da Ed. Primaria, traballo cooperativo para a Comunidade!!!



Imaxe autoeditada do proceso de restauración.

Radio na Biblio: Cidadáns do mundo!!! Ningunha guerra é allea!!!

Esta experiencia radiofónica pretende que o alumnado entenda as causas e as consecuencias dos conflitos bélicos inciden en todas as sociedades. Concretamente o desenvolvemento do obxectivo 16 dentro dos ODS: “Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas”. (https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/peace-justice/)

Na primeira sesión compartimos diferentes temas de interese para decidir a que temática que iamos tratar no programa de radio. O alumnado do 6º curso da Ed. Primaria do CPI Virxe da Cela decidiu investigar sobre os conflitos bélicos. Dentro desta investigación propuxeron unha persoa coñecedora desta temática para entrevistala. Neste caso entrevistaron a  Omenuke Mfulu, xogador do Deportivo, quen desenvolve un proxecto deportivo no Congo para rapazada en situacións de risco polos conflitos bélicos desta área xeográfica.

Posteriormente a esta entrevista propuxeron unha acción e en colaboración co centro educativo conseguiron unha achega económica en apoio á escola de novos talentos do fútbol en Kinshasa.

(LUCES)

Que situacións actuais no noso arredor nos preocupan?

Esta pregunta foi o primeiro achegamento á experiencia radiofónica deste curso. O alumnado respondeu persoalmente mediante unha chuvia de ideas marcadas  con etiquetas nunha cartolina. Unha vez lidas todas cada quen defendeu a súa achega. Á elección deste tema axudou a publicación na prensa da necesidade de contar cun kit de supervivencia recomendado por parte das autoridades da UE e que impresionou fondamente aos rapaces e rapazas, os cales vivírono como unha especie de ameaza de guerra próxima que nos afectara directamente.

Decidida temática a tratar informámonos sobre cales son as principais causas de conflitos bélicos ao longo da historia, cales son as guerras actuais, incluso as que están tan enquistadas que non aparecen nos noticiarios, e as súas consecuencias na poboación civil. Para iso tomamos datos de internet en diferentes páxinas:

https://www.semfyc.es/actualidad/a-fecha-de-hoy-existen-56-guerras-activas

https://www.sabuco.com/historia/causasguerras.pdf

                                                          Imaxe de procesos de selección do tema de investigación.

(CÁMARA)

Hai xustificacións para os conflitos armados?

Día a día aparecen nos medios de comunicación a situación bélica entre Rusia e Ucrania, así como a desenvolvida en Gaza. O alumnado tentou achegarse aos motivos que as provocaron.

Entre a clase chegamos á conclusión de que os conflitos bélicos se producen por  diferentes causas: invasión do territorio na loita polos recursos da terra, por diferencias étnicas, por ideoloxías contrapostas...

En xeral houbo unanimidade en que as diferentes sociedades civís son as que sofren as consecuencias destes conflitos con pobreza, fame, desprazamentos non desexados... e non atoparon  xustificación para que a poboación civil i en especial a infancia vexa conculcado o seu dereito a vivir en paz.

Tamén xurdiu unha discusión sobre se os artistas deben ou non manifestarse en contra das guerras dando a entender algúns que iso era meterse en “política”. A conclusión final foi que ao marxe das distintas ideoloxías, manifestarse contra as guerras e a favor dos pobos que as sofren non só é desexable senón que tamén é ético.

(ACCIÓN)

Buscamos a Mfulu que nos achegue o seu proxecto

Sensibilizado o alumnado co tema, contactamos con Mfulu, xogador do Deportivo da Coruña para que nos falara da situación da guerra do Congo e de como inflúe na vida cotiá da cidadanía congoleña.

O alumnado de sexto visitouno na Cidade Deportiva de Abegondo para facerlle unha entrevista na que nos falou da situación dun conflito vixente aínda hoxe.

Fomos coñecedores de que, aínda que el non viviu nese país, senón que pasou a súa infancia en Francia, está sensibilizado coa situación do país das súas orixes e creou unha escola de fútbol en Kinshasa. Unha maneira de facer do deporte unha ferramenta de desenvolvemento persoal e de fomento de paz.

A partir desta entrevista 50 nenos e nenas acudiron o pasado 1 de xuño ao partido do Depor a gozar dun “enfrontamento”  pacífico entre dous clubes decidindo apoiar a escola de Mfulu cunha aportación económica equivalente ao que custou o desprazamento dende Monfero á Coruña nun xesto de abrazar aos “nenos e nenas da guerra”.

Imaxe autoeditada da entrevista a

Mfulu nas instalacións do Deportivo da Coruña.

O resultado deste traballo o tempos neste potcast: https://go.ivoox.com/sq/2668036

Grazas a Agareso e en especial a Rocio por acompañarnos e ensinarnos neste apaixonante aprendizaxe!!!

Imaxe de grupo ao final da entrevista. 

 


miércoles, 14 de mayo de 2025

Bibliocaseta para o patio

Imaxe autoeditada.
Este curso, sumando o traballo dentro do Polo Creativo e da Biblioteca Creativa, preparamos unha caseta literaria e científica da que está a punto de gozar o alumnado no patio. 

Toca observar, ler, debuxar, aprender e espertar a curiosidade da rapazada a partir da nosa privilexiada contorna natural.

Para que a xestión sexa eficiente  catro colaboradores de 4º de EP responsabilizaranse da súa xestión durante o lecer. 

Foi un traballo compartido entre diferentes niveis da etapa da Ed. Primaria cuxo comezo é o deseño do patio que o alumnado quere para o lecer (Consello Escolar da Infancia).

Entre as propostas está esta caseta. Observade con detemento e veredes cantas posibilidades de xogo, experimentación e aprendizaxe na natureza ofrece.



                                                  Imaxe autoeditada da caseta e de varios dos seus recursos.


martes, 13 de mayo de 2025

Aminalario imaxinario

 O alumnado de 2º de EP estivo aprendendo sobre os animais e, baseándose no libro "El animalario universal del profesor Revillod" que temos na biblioteca,  imaxinaron as súas propias criaturas. Mesturaron e debuxaron troncos, cabezas e extremidades de diferentes texturas que foron recollendo usando a técnica do frottage dende a sola dos zapatos ata as cortizas das árbores. Velaí o resultado de anfibios acuáticos omnívoros e mamíferos terrestres ovovivíparos (entre outros!). Para animar as ilustracións usamos a páxina Animated Drawing.


lunes, 12 de mayo de 2025

INTELIXENCIA ARTIFICIAL PARA O PROXECTO QUE PARTICIPA NO III CONCURSO AUDIOVISUAL ANPAS GALEGAS "SOMOS RURAL"

 Lendas do Mosteiro: unha viaxe inmersiva ao pasado, é o título do proxecto presentado no III Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas-Somos Rural”.

A través deste proxecto quixémoslle dar ao noso alumnado (3º ESO)  a posibilidade real de reconstruír o presente e cimentar o futuro partindo dos seus intereses e motivacións, por iso o produto elixido foi un videoxogo. A nosa proposta Lendas do Mosteiro consiste simulación do deseño dun videoxogo que combine a realidade inmersiva coa rica historia do Mosteiro de Monfero (de aí o subtítulo Unha Viaxe Inmersiva ao Pasado). 

O vídeo e o cartaz que se presentan a concurso constituirían o “trailer” promocional do lanzamento deste videoxogo ao mercado, coa idea de captar a atención dos xogadores/as.  

Cartel promocional: Quixemos emular un cartel promocional de videoxogo, unha peza visual que non so busque informar (título proxecto, logo ANPAS Galegas, datos do concurso, datos do centro educativo), senón tamén seducir e captar a imaxinación dos/as gamers. Todos os elementos foron elixidos coidadosamente, para captar a esencia do xogo. O Mosteiro de Monfero como eixo central, con estética pixelada e filtro de cor que o mimetiza coa contorna natural e vexetal (Fragas do Eume), e pequenos elementos que ocupan un plano secundario 1 Memoria xustificativa Lendas do Mosteiro: unha viaxe inmersiva ao pasado. III Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas-Somos Rural” (mandos da consola, espada, copa, estandarte, avatares feminino/masculino) e que reforzan tanto a idea de videoxogo como o seu contexto histórico (Idade Media). A selección dunha tipografía axeitada (pixel-art) así como o concepto virxedacelagamestudio (nome ficticio do  estudio de deseño e programación de xogos multimedia) axudan a potenciar o produto.  

Vídeo: Adaptándonos ás bases do concurso (duración 3 minutos) pensamos na idea recrear un “trailer” ou avance do lanzamento do videoxogo perseguindo fundamentalmente tres obxectivos: informar sobre a existencia do videoxogo e da súa próxima estrea, crear expectación e transmitir o estilo do produto (estética e temática). Estudo previo e pormenorizado da linguaxe cinematográfica e traballo minucioso de edición buscando a construción dunha atmósfera envolvente, que, axudada por unha banda sonora narrativa, arrastre ao espectador/a a mergullarse na historia e na trama. Utilización de elementos textuais con tipografía medieval para reforzar ideas e aportar unha linguaxe inclusiva.  Imaxes: Ante a imposibilidade de realizar gravacións no propio Mosteiro (falta de medios e de tempo) recurrimos a imaxes xeradas con IA que permitiron  ambientar o videoxogo nun escenario similar, trasladándonos a unha época medieval escura e cruenta, onde conviven monxes, campesiños/as e señores feudais. 








martes, 6 de mayo de 2025

Pezas de unión para o Kapla

Unha das propostas de impresión 3D deste curso foi a creación de pezas de unión para o kapla (Join Clips).

                                         Imaxe autoeditada dos diferentes conectores impresos.

Na plataforma Printables podemos encontrar diferentes posibilidades que fomentan novas posibilidades construtivas e estimulan a creatividade deste recurso do Polo creativo.

Agasallos de fin de curso

Grazas ao PFPP de Polos, poidemos descubrir a multitude de posibilidades que nos ofrece a cortadora láser. Con ela, non só preparamos materi...