Este curso tivemos un traballo moi importante: organizar o Polo creativo e os seus recursos.
Foi un traballo compartido entre o alumnado da área de Proxecto competencial da etapa da Ed. Primaria.
O punto de partida foi a definición do espazo onde centralizar os recursos e materiais independentemente de que os mesmo poidan situarse noutros espazos segundo ás necesidades.
Escollemos a aula de usos múltiples e lle demos unha nova vida.
Pintura, mellora da acústica empregando cortiza, deseño e colocación de andeis para os recursos foron as primeiras actuacións.
Despois continuamos coa recollida e centralización dos recursos que permitisen dar vida a perspectiva de traballo dos Polos Creativos aplicada ao Club de Ciencias e basada no fomento da creatividade a través da superación de retos, a consecución de proxectos, resolución de problemas, a realización de prototipos ou a construción de resultados tanxibles entre outros aspectos.
Seguindo esta perspectiva no momento de organizar os espazo e recursos aplicamos unha perspectiva de aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria.
Desta forma o alumnado da área de Proxecto competencial ocupouse de identificar e clasificar os recursos, organizalos en caixas e nos andeis e identificalos para poder crear un inventario accesible ao conxunto da comunidade para poder ser aproveitados.
![]() |
Imaxe autoeditada da adecuación de recursos e espacio do Polo Creativo. |
Moitos dos elementos e recursos recolléronse partindo da perspectiva dunha economía circular, aproveitando e dando novos usos a materiais cos que xa contabamos no centro.
Toda unha experiencia cooperativa que supuxo que sexa un dos espazos máis utilizados polo centro e para o deseño e desenvolvemento das actividades das aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario