martes, 25 de febrero de 2025

Obradoiros Rosalía

 Tres días de talleres e acompañamentos entre maiores e pequenas dende Educación Infantil ata a ESO, así foi a homenaxe do CPI Virxe da Cela á nosa poeta máis coñecida. Tendo como referente o libro "O herbario de Rosalía" sumerxímonos no mundo das plantas dende diferentes propostas artísticas e co telón de fondo dos seus poemas nas voces do alumnado da ESO. Grazas a toda a comunidade educativa que participou dalgunha maneira para que todo isto fora posible dende as familias coas súas aportacións, ata os que revisaron os horarios para as visitas, as que axudaron a recomplilar o material e a colocalo, a limpar e a preparar todo para que a biblioteca se convertira nun lugar de experimentación e aos nenos e nenas pola súa implicación. Sen a colaboración de todos e todas non sería posible! Aquí deixamos unha presentación co resumo das actividades. 

Exposición de libros de Rosalía

O herbario de Rosalía (vídeo ESO) de Rocio

PLAN DIRECTOR GARDA CIVIL: PREVENCIÓN RISCOS ASOCIADOS AO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.

 Venres 21 febreiro 2025. Plan Director Garda Civil. Prevención riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías. Sara Rodríguez. Alumnado 3º e 4º ESO. De 12:35 a 13:25. UUMM.

A Garda Civil veu un ano máis a impartirnos no noso colexio unha charla sobre a ciberseguridade. Este pasado venres, 21 de febreiro, a garda civil Sara Rodríguez, que traballa no departamendo de delitos telemáticos de Narón deunos a charla. Ela xa viñera os pasados anos e xa a coñecíamos de antes. Falamos sobre mandar fotos íntimas a unha persoa e que as publique sen o teu consentimiento, cousa que non pode facer, o sexting, o abuso a menores de idade nas RRSS ou ser unha persoa adicta aos xogos de apostas por culpa da propaganda que estes fan en xogos como o Fortinite, chámase ser un “ludópata”. A charla gustoume moito xa que puiden repasar e aprender novas cousas sobre o risco das tecnoloxías e as Redes Sociais. MGT (3º ESO).

No obradoiro do Plan Director, chamáronme a antención algúns riscos e delitos sobre a tecnoloxía. Moitos de nós non nos damos conta cando estamos en risco. A min chamoume a antención o caso de Santiago Caamaño. El é un influencer que estivo viciado a xogos de gañar diñeiro. Estes xogos son moi perigosos porque enganchan e tentante para que gañes o diñeiro e despois o perdas, pero tamén pode haber un estafador detrás de todo isto.  A min pareceme mal que gastes o teu tempo libre e o teu diñeiro nestes xogos, xa que ao final non acabas gañando nada. Tamén me chamou a atención o delito de suplantar a identidade de alguén . Algunhas persoas suplantan a identidade de outro para pagar xogos. Pareceme mal que fagan iso porque o único que fan e meterse en problemas graves. XTM 3º ESO.

No obradoiro do Plan Director, chamáronme a antención algúns riscos e delitos sobre a tecnoloxía. Moitos de nós non nos damos conta cando estamos en risco. A min chamoume a antención o caso de Santiago Caamaño. El é un influencer que estivo viciado a xogos de gañar diñeiro. Estes xogos son moi perigosos porque enganchan e tentante para que gañes o diñeiro e despois o perdas, pero tamén pode haber un estafador detrás de todo isto. A min pareceme mal que gastes o teu tempo libre e o teu diñeiro nestes xogos, xa que ao final non acabas gañando nada. Tamén me chamou a atención o delito de suplantar a identidade de alguén . Algunhas persoas suplantan a identidade de outro para pagar xogos.
Pareceme mal que fagan iso porque o único que fan e meterse en problemas graves. XTM 3º ESO.



lunes, 24 de febrero de 2025

Xornadas formativas para equipos de Polos Creativos

Este curso, como o equipo de Polos é novo, acodimos á formación específica de coordinadores na que aprenderemos a dinamizar o equipamento de Polos. O curso consta de 5 sesións, na tres primeiras sesións traballamos máis polo miúdo conceptos como a Creación de contidos audiovisuais, o desing thinking ou o pensamento computacional... Deixando para traballar en gran grupo a protección de datos ou a intelixencia artificial.






Sesión 1: xoves 13 de febreiro. Desing Thinking.
Lara Crespo, relatora do Desing thinking

 


Sesión 2: xoves 20 de febreiro. Creación de contidos audiovisuais.
Tomás Conde, relator da Creación de contidos audiovisuais.







Os exploradores de Monfero somos artistas! Compoñemos bodegóns inspirándonos en Irving Penn

 Na aula de 5º de Educación Infantil, ademais de ser exploradores, tamén somos artistas! Este mes estivemos a aprender sobre a figura de Irving Penn. Con el achegámonos ao mundo da fotografía e dos bodegóns e a diferentes composicións artísticas traballando en todo momento o Pensamento Computacional neste proceso. Para isto o alumnado primeiro analiza os obxectos, clasificándoos por cor, forma ou tamaño, promovendo o pensamento lóxico. Logo, organizan e dispoñen os elementos do bodegón seguindo secuencias ou patróns, reforzando a planificación e a resolución de problemas. Ao fotografar as súas creacións, experimentan coa descomposición de tarefas, dividindo o proceso en pasos. Finalmente, comparten e comentan as imaxes, mellorando a comunicación e a avaliación de resultados.


Traballando os bodegóns na aula


Practicando todo o aprendido sobre bodegóns na exposición de Irving Penn



Traballamos a lectoescritura empregando os lápis 3D

 Nos ambientes de Educación Infantil estamos a integrar os materiais e ferramentas de Polos Creativos no noso día a día. Neste mes empregamos o lápis 3D para traballar a lectoescritura no ambiente científico.







Mariquiña Rosalía

A poñente do noso PFPP sobre a Intelixencia Artificial Mercedes Orbaneja, achegounos uns materiais para traballar a figura de Rosalía de Castro e o traxe tradicional galego a través das bonecas mariquiñas. O alumnado de Infantil desfrutou moito vestido a Rosalía e descubrindo as diferentes pezas do traxe tradicional.





Obradoiros creativos do entroido

 Este entroido estamos a involucrar ás familias no proceso creativo dos disfraces do Entroido. Para isto, cada titoría está a organizar uns obradoiros nos que entre todos e empregando os materiais e ferramentas de Polos, formamos un gran equipo no que estamos a confeccionar, deseñar, montar, colorear os disfraces de cada curso. A temática global para o festival deste ano é o mundo do circo.




viernes, 21 de febrero de 2025

Traballar a partir de retos

Unha vez organizado o Polo creativo puidemos aproveitar os seus recursos.

Neste caso a partir de retos graduados en complexidade segundo o nivel educativo e as características persoais.

Desta forma, desenvolvemos habilidades cognitivas como a  planificación, percepción espacial, resolución de problemas ou a concentración. Tamén, as habilidades de transferencia. de emparellamento ou o razoamento aritmético.

Ademais, con este tipos de propostas fomentamos a resiliencia ao permitir corrixir erros de forma tanxible e a solución de problemas a través do traballo cooperativo.


Imaxe autoeditada de diferentes propostas traballadas a partir de retos.

miércoles, 19 de febrero de 2025

Preparamos o Polo creativo

Este curso tivemos un traballo moi importante: organizar o Polo creativo e os seus recursos. 

Foi un traballo compartido entre o alumnado da área de Proxecto competencial da etapa da Ed. Primaria. 

O punto de partida foi a definición do espazo onde centralizar os recursos e materiais independentemente de que os mesmo poidan situarse noutros espazos segundo ás necesidades.

Escollemos a aula de usos múltiples e lle demos unha nova vida.

Pintura, mellora da acústica empregando cortiza, deseño e colocación de andeis para os recursos foron as primeiras actuacións.

Despois continuamos coa recollida e centralización dos recursos que permitisen dar vida a perspectiva de traballo dos Polos Creativos aplicada ao Club de Ciencias e basada no fomento da creatividade a través da superación de retos, a consecución de proxectos,   resolución de problemas, a realización de prototipos ou a construción de resultados tanxibles entre outros aspectos.

Seguindo esta perspectiva no momento de organizar os espazo e recursos aplicamos unha perspectiva de aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria. 

Desta forma o alumnado da área de Proxecto competencial ocupouse de identificar e clasificar os recursos, organizalos en caixas e nos andeis e identificalos para poder crear un inventario accesible ao conxunto da comunidade para poder ser aproveitados. 

Imaxe autoeditada da adecuación de recursos e espacio do Polo Creativo. 

Moitos dos elementos e recursos recolléronse partindo da perspectiva dunha economía circular, aproveitando e dando novos usos a materiais cos que xa contabamos no centro.

Toda unha experiencia cooperativa que supuxo que sexa un dos espazos máis utilizados polo centro e para o deseño e desenvolvemento das actividades das aulas.


miércoles, 5 de febrero de 2025

Xornada formación Biblioteca Creativa

 O día 5, participamos la formación organizada polo CAFI e pola Asesoría de Bibliotecas, para os coordinadores e equipos de Bibliotecas creativas.

Esta xornada formativa comezou coa experiencia do CEIP Emilia Pardo Bazán quen creou un clube de videoxogos como xeito de achegar a biblioteca ao alumnado. Continuamos acodindo a un obradoiro de banda deseñada e rematamos con outras dúas experiencias: o deseño dos booktrailers e as experiencias de dúas bibliotecas que levaron o maker a súa vida diaria, sendo un destes centros o ría do Burgo e o outro un centro pequerrechiño da montaña ourensana.









Agasallos de fin de curso

Grazas ao PFPP de Polos, poidemos descubrir a multitude de posibilidades que nos ofrece a cortadora láser. Con ela, non só preparamos materi...