Os Polos creativos desenvolveranse en espazos físicos creados nos centros educativos, dotados dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador, e organizados didacticamente para o fomento da creatividade e a formación do alumnado
nun contexto de aprendizaxe competencial. Está baseado na aprendizaxe activa e manipulativa, a aprendizaxe baseada no deseño, a solución de problemas e a aprendizaxe
entre iguais.
Funcionarán como centro de actividades en que se traballe a intelixencia artificial e
outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, mecanizado de
diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outras.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Continuamos programando en educación infantil
O alumnado de infantil continúa practicando a programación para favorecer o desenvolvemento do pensamento computacional: De forma conectad...
.jpg)
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
No hay comentarios:
Publicar un comentario