O alumnado de 4º da ESO que está cursando a optativa Cultura Científica están a deseñar, guiados polo profesor David Casado, videoxogos sobre a vida de científicos famosos utilizando a aplicación PPG Maker. Rubéne Hugo afondarán na famosa viaxe de Darwin no Beagle; Luca e Dani recrearán a biografía de Félix Rodrígue de la Fuente, e pola súa banda Cristina, Ariadna e Noelia centraranse en varias mulleres científicas.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
jueves, 27 de mayo de 2021
PROXECTO DIGICRAFT
Johan Palma, auxiliar de conversa no CPIP Virxe da Cela e coordinador do proxecto Digicraft no noso centro está a piques de presentar os traballos realizados polo alumnado de educación primaria no marco desta iniciativa da Conseleería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Amtega e a Fundación Vodafone España. Ao longo deste curso escolar traballáronse na materia de Arts&Crafts diferentes habilidades dixitais a través do emprego de tecnoloxías emerxentes como vehículo de aprendizaxe (realidade aumentada, intelixencia artificial, videoxogos, robótica).
ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL VISITA A AULA FERRAGANCHOS
Os pequerrechos/as de 5º de EI visitan a Aula Ferraganchos, acompañados pola súa profesora Ángela e polo auxiliar de conversa Johan Palma. Esta experiencia resulta moi divertida e interesante para os nenos e nenas ao poder coñecer o novo mobiliario e instalacións deste espectacular espazo da nosa escola utilizado para a Biblioteca Creativa e descubrir a cantidade de xoguetes, xogos e tecnoloxía que teñen á súa disposición. Aproveitaron a visita para aprender valores, utilzar a lingua galega e inglesa e iniciarse no fantástico mundo da "realidade aumentada" a través da lectura do conto "The Great Book of Values".
jueves, 13 de mayo de 2021
CONSTRUÍNDO UN ROBOT
Presentamos este video no que se pode ver ao alumnado de 3º Educación Primaria do CPIP Virxe da Cela construíndo un robot pintor e guiándo os robots construídos para que sigan un circuito.
miércoles, 12 de mayo de 2021
DEEP NOSTALGIA DE MY HERITAGE
Obradoiro con Johan Palma. Alumnado de 2º de la ESO empregou a ferramenta "Deep Nostalgia" de My Heritage para animar as imaxes de grandes iconos da música: John Lennon, Elvis Presley e Madonna. Ademáis de utilizar este sistema de intelixencia artificial analiza os rasgos das persoas que están na imaxe e as anima para crear a ilusión de movemento, os alumnos/as, divididos en grupos, consultaron diferentes fontes de información para adquirir coñecementos sobre os artistas elixidos.
martes, 11 de mayo de 2021
DESCUBRINDO DIFERENTES ESPECIES DE PLANTAS E ANIMAIS
viernes, 7 de mayo de 2021
RADIO NA BIBLIOTECA CREATIVA
Diferentes cursos de educación primaria visitan quincenalmente a Aula Ferraganchos para participar nas formacións de radio impartidas a través do Laboratorio Radiofónico. Na actualidade esta aula xa está equipada con todo o material imprescindible para utilizar este medio: micrófonos, cable, mesa de mesturas, programas de ordenador para a edición de son, etc. A formación abarca tanto a parte técnica (utilización de aparellos) como a parte de elaboración de guións radiofónicos, exercicios para a locución, etc.
jueves, 6 de mayo de 2021
BAIXO O MAR CON ZAPWORKS
miércoles, 5 de mayo de 2021
MUSICA CREATIVA CON MAKEY MAKEY
EXPERIMENTOS MUSICAIS CON CLASH.ME
Johan Palma mostrou ao alumnado de 2º da ESO as posibilidades creativas que ofrece Clash.me. á hora de crear letras para cancións. Todas estas ferramentas dixitais que estamos a descubrir axudan ao alumnado a coñecer recursos á hora de crear e de gozar coa música.
Formación Maker Store
Dende o PFPP de Polos Creativos estamos a contar con Carmela de Maker Store Carballo como a nosa formadora. Grazas a ela aprendemos todo o ...

-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
-
Neste primeiro trimestre, nos ambientes de educación infantil, fomentouse a creatividade e o pensamento computacional a través do uso de mat...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...