Durante a última semana do mes de marzo de 2021 o alumnado de 2º e 4º de ESO, axudados por Johan Palma, construiron un teclado de piano utilizando cartón e papel de aluminio. Grazas ao uso de Scratch poideron facer sonar este artiluxio.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
miércoles, 24 de marzo de 2021
MÚSICA E PROGRAMACIÓN. CONSTRUÍNDO UN PIANO CON SCRATCH
miércoles, 17 de marzo de 2021
SHAZAM E SOUNDHOUND
miércoles, 10 de marzo de 2021
GOOGLE LENS
Empregando a aplicación Google Lens e plantillas con imaxes impresas o alumnado de 2º da ESO realizou unha investigación sobre grandes compositores, unha divertida e innovadora forma de aprender música e cultura a través das tecnoloxías.
lunes, 8 de marzo de 2021
ROBÓTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Johan Palma visitou o xoves 4 de marzo 2021 as aulas de EI para iniciar aos máis pequenos/as no uso de tabletas para dirixir os movementos de pequenos robots. Esto os convertiu en auténticos protagonistas da súa aprendizaxe, e o uso destes pequenos seres (robots) pareceulles algo moi atractivo e motivador.
viernes, 5 de marzo de 2021
CREACIÓN DE PRODUTOS AUDIOVISUAIS: ANTÓN, PEREGRINO DO CAMIÑO
Brais Boado pon a voz a Antón, un simpático neno que vai de peregrinaxe desde Ferrol ata Santiago de Compostela, facendo o Camiño Inglés (recordemos que este ano, 2021, é Ano Santo Xacobeo). Este interesante proxecto, realizado dentro da materia de Relixión (1º ESO), pretende abarcar de maneira multidisciplinar, aprendizaxes vinculadas coa busca e tratamento de información, Iintegrando tanto as TICs como o Proxecto Lector. Entre outros recursos utilízase a investigación, a contextualización, aredacción textos, a gravación de audio con dispositivos móbiles, e utilización de software específico para a edición de audio e video (audacity, crazytalk, filmora).
jueves, 4 de marzo de 2021
OLLANDO A ROSALÍA DE CASTRO A TRAVÉS DA REALIDADE AUMENTADA
O 24 de febreiro utilizamos os recursos da Biblioteca Creativa para levar a cabo algunhas das iniciativas que se realizaron no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía (24 febreiro 2021). Nas materias de Arts and Crafts, o alumnado de EP, axudados polo auxiliar de conversa Johan Palma, indagaron na vida e obra de Rosalía a través da creatividade e da realidade aumentada utilizando dispositivos móbiles (tabletas).
miércoles, 3 de marzo de 2021
ROBÓTICA E MÚSICA
Formación Maker Store
Dende o PFPP de Polos Creativos estamos a contar con Carmela de Maker Store Carballo como a nosa formadora. Grazas a ela aprendemos todo o ...

-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
-
Neste primeiro trimestre, nos ambientes de educación infantil, fomentouse a creatividade e o pensamento computacional a través do uso de mat...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...