Un numeroso grupo de profesores e profesoras do centro asistiron o pasado martes 28 de xaneiro de 2020 á primeira das dúas sesións de formación sobre "Radio na Biblioteca Escolar" impartida dentro do seminario de formación permanente "Seminario Biblioteca Escolar". Lucía Abarrategui e Sergio Pascual, fundadores do Laboratorio Radiofónico Radio Itinerante Escolar, foron os encargados de impartir esta formación, que nesta primeira sesión tocou tanto aspectos técnicos (micrófonos, mesa de mezclas, programa Audacity) como literarios (elaboración dun guión radiofónico). Para a vindeira sesión, que terá lugar o próximo martes 4 de febreiro, os profesores/as participantes tendrán que gravar o seu programa radiofónico e poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
miércoles, 29 de enero de 2020
OBRADOIRO ILUSTRACIÓN
Aproveitando que grande parte do alumnado da ESO está de "Semana Blanca" en Andorra, un grupiño de rapaces que quedaron no centro fixeron un obradoiro de ilustración na biblioteca escolar para realizar as portadas dos seus relatos sobre "A Árbore das Palabras" (unha iniciativa dos departamentos de Orientación, Relixión e Valores Éticos para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia 2020). Para as súas ilustracións combinaron técnicas máis clásicas con novas tecnoloxías (teléfonos móbiles).
viernes, 24 de enero de 2020
CONTACONTOS CON REALIDADE AUMENTADA: MEDUSA SE HA VUELTO A ENFADAR
Venres 24 de xaneiro 2020. Alumnado Educación Infantil. Comezamos un ciclo de "Contacontos con Realidade Aumentada" co libro "Medusa se ha vuelto a enfadar", da colección Cuentos para emocionarse.
Mesturando a tecnoloxía (dispositivos móbiles, táblets, Realidade Aumentada) con elementos tradicionais (libros formato papel, figuras de fieltro manipulables) o alumnado de educación infantil descubriu a fermosa historia de Medusa, protagonista do conto "Medusa se ha vuelto a enfadar", aprendendo ao mesmo tempo conceptos como a amizade, a axuda mútua, o traballo en equipo, e outros valores tan necesarios para a súa formación.
miércoles, 22 de enero de 2020
FORMACIÓN SOBRE REALIDADE AUMENTADA
Curso de formación do profesorado dentro do seminario "Biblioteca Escolar". Tino Fernández imparte unha formación de 3 horas sobre Realidade Aumentada. Martes 21 xaneiro 2020, aula de informática do CPI Plurilingüe Virxe da Cela.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Continuamos programando en educación infantil
O alumnado de infantil continúa practicando a programación para favorecer o desenvolvemento do pensamento computacional: De forma conectad...
.jpg)
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...