A Biblioteca Castelao converteuse nun espazo para viaxar e deixar voar a nosa imaxinación. Esta vez o destino foi a India, un enigmático e lonxano país, que a través da Fundación Vicente Ferrer cada vez está máis próximo a nós. O alumnado de 3º de primaria, acompañado pola súa mestra de inglés (Cristina Cillero), tivo o privilexio de abrir o paquete chego da India (martes 17 decembro 2019). Os nenos e nenas quedáronse impresionados cos fermosos e diversos contidos elaborados polos nenos e nenas da Konampalli School (Anantapur, India), que ano tras ano envían á noso centro a modo de intercambio epistolar e de tradicións (programa School to School, da Fundación Vicente Ferrer). Agora tócanos a nós, esperamos poder facer materiais que estean á súa altura para enviarllos a final de curso!!
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
jueves, 26 de diciembre de 2019
AS BIBLIOTECAS GAÑAN ESPAZOS. AVALIAR PARA APRENDER
Artigo Eduga nº 78. Entrando xa no cuarto ano de desenvolvemento do programa “Biblioteca Creativa”, considerouse necesaria unha avaliación que permitise coñecer o momento no que se está e as múltiples iniciativas que en cada centro se están a desenvolver ao abeiro do programa. O encontro previsto para o mes de outubro constituíu un contexto ideal para compartir os avances, tamén as dificultades, os logros e as reflexións que están a xurdir. Premer na imaxe para acceder ao artigo en Eduga nº 78.
martes, 5 de noviembre de 2019
lunes, 4 de noviembre de 2019
martes, 29 de octubre de 2019
RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS
Este e o recuncho da Biblioteca creativa onde están situados todos os libros e manuais sobre a robótica, a programación, a realidade virtual, etc. En próximas entradas iremos presentado os diferentes libros falando dos seus contidos e deste xeito promocionar a súa lectura entre os nosos usuarios.
viernes, 25 de octubre de 2019
OBRADOIRO "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"
Tucho Méndez, Xoan Sampaiño e Pablo López, de Bricolabs, imparten o obradoiro "Escornabots na Biblioteca Escolar" aos docentes de 25 centros galegos que se incorporan ao programa de Bibliotecas Creativas. Esta formación foi parte da Xornada Biblioteca Creativa “Comunicación e Cidadanía” (EGAP, Santiago de Compostela, 25 outubro 2019).
XORNADA BIBLIOTECA CREATIVA "COMUNICACIÓN E CIDADANÍA"
Asistimos á Xornada Biblioteca Creativa "Comunicación e Cidadanía" que tivo lugar o venres 25 de outubro de 2019 na EGAP (Santiago de Compostela).
Nesta xornada formativa reuníronse aredor de 200 profesores e profesoras dos centros integrados nos programas BIBLIOTECA CREATIVA, RADIO NA BIBLIO e Bibliotecas LÍA.2, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nunha xornada formativa. Distribuídos en catro grupos ao longo da mañá, en función dos anos que levan integrados no programa, estes docentes aprenderon a construír os escornabots e coñecer as súas aplicacións didácticas, formáronse no manexo e utilidades da impresión 3D, e achegáronse a experiencias de radio por parte de centros e de profesionais do medio.
Xa pola tarde, en sesión conxunta, tiveron a oportunidade de coñecer experiencias que xa están levando a cabo algúns centros pioneiros nestes programas, así como reflexionar sobre os datos dunha enquisa web para coñecer os novos espazos das nosas bibliotecas. Pechou a xornada Arantxa Mariscal, directora da biblioteca de creación UBIK, de Donostia, para falar da incorporación do comunitario á biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Formación Maker Store
Dende o PFPP de Polos Creativos estamos a contar con Carmela de Maker Store Carballo como a nosa formadora. Grazas a ela aprendemos todo o ...

-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
-
Neste primeiro trimestre, nos ambientes de educación infantil, fomentouse a creatividade e o pensamento computacional a través do uso de mat...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...