sábado, 28 de febrero de 2026

Fíos, agullas e tecnoloxía: seguimos aprendendo!

Esta semana, as participantes do itinerario de Polos creativos do PFPP xuntáronse para intercambiar coñecementos e dar os primeiros pasos no manexo das máquinas de coser. Foi unha sesión moi práctica na que puideron experimentar con diferentes teas para probar puntadas, axustes e pequenas técnicas básicas.

Ademais, aproveitaron o encontro para coñecer máis de preto os compoñentes dos Kits de E-Téxtil, explorando as súas posibilidades e o potencial que ofrecen para traballar a creatividade e a tecnoloxía de maneira integrada.

Trátase de recursos moi interesantes e motivadores e vinculados ademais ao noso PDI "Tirando do fío", polo que agardamos poder comezar a experimentar proximamente e valorar como aplicalos co noso alumnado en futuras propostas de aula.









domingo, 15 de febrero de 2026

Artigos para o 50º aniversario do centro

Unha vez mais, aproveitamos os materiais do Polo creativo para facer creacións únicas. Creamos chaveiros conmemorativos do 50º aniversario do centro e chapas con frases típicas da nosa contorna. Estos produtos estarán á venta para as persoas interesadas o día da celebración do aniversario!


                     


Colgantes polo día da Paz

Para conmemorar o día Escolar da Non Violencia e da Paz, empregamos a Impresora 3D para crear colgantes que nos recorden o importante que é convivir en harmonía. Cada colgante simboliza un compromiso persoal coa paz, a amizade e o bo trato, valores fundamentais para construír un entorno seguro e feliz no noso centro!

           

A TIXOLA: AUDIOVISUAL E GASTRONOMÍA

Partindo dos intereses do alumnado na optativa de Proxecto Competencial en 1º ESO (3 rapaces matriculados) descubrimos que a todos eles lles gustaba o tema da cocina. O alumnado realiza gravacións co seu teléfono móbil nas súas propias casas explicando receitas moi sinxelas de cociña e levándoas á practica. Na sesión de clase procedemos ao visionado dos vídeos gravados e á súa edición. Ao final de curso trataremos de realizar un produto audiovisual. A través deste proxecto, ademais de potenciar a aprendizaxe de ferramentas dixitais para a gravación e a edición de vídeos. buscamos combatir os estereotipos de roles de xénero con respecto á cociña, espazo vinculado históricamente coas mulleres.



VIRXEDACELA SOUND STUDIO