Neste Samaín, o alumnado do centro recibiu un pequeno agasallo feito coa impresora 3D: unhas cabazas terroríficas!
Esperamos que vos gusten!
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
Neste Samaín, o alumnado do centro recibiu un pequeno agasallo feito coa impresora 3D: unhas cabazas terroríficas!
Esperamos que vos gusten!
Alumnado de 3º da ESO na materia de Educación Dixital realizan as súas primeiras experimentacións co programa de Stop Motion Studio. A finais deste mes realizaremos un proceso de aprendizaxe en cascada, sendo estes rapaces e rapazas os encargados de impartir obradoiros de animación aos nenos e nenas de primaria aproveitando a celebración dunha xornada de Samaín con obradoiros e estacións de aprendizaxe rotativas.
O alumnado de infantil continúa practicando a programación para favorecer o desenvolvemento do pensamento computacional:
De forma conectada, empregamos o robot Tale-Bot Pro para traballar a lectoescritura.
E de forma desconectada, cociñamos unha limonada seguindo os pasos dunha receita.
Que ben o pasamos!
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de forma divertida.
Aquí podedes ver algúns momentos desta experiencia!
Dende Educación Infantil, empregamos a cortadora láser para crear os controis de aforo de cada un dos ambientes de aprendizaxe de libre circulación.
Aquí amosamos algunhas imaxes do noso traballo!
Unha vez mais, aproveitamos os materiais do Polo creativo para facer creacións únicas. Creamos chaveiros conmemorativos do 50º aniversario d...