Tralo aprendido onte na formación sobre a impresora 3D decidimos darlle vida a Chispas, a mascota da nosa biblioteca. Velaquí o resultado:
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
martes, 25 de marzo de 2025
Creamos os nosos materiais
Grazas ao aprendido no PFPP de Polos Creativos, o profesorado de Educación Infantil está a crear, na cortadora e gravadora láser, diferentes materiais personalizados para a asamblea e para as rutinas de aula
lunes, 24 de marzo de 2025
Formación impresora 3D
No día de hoxe recibimos formación de Reyes, a mestra de tecnoloxía do CPI de Atios (Valdoviño). Reyes ensinounos a usar a impresora Creality, que chegou ao centro pola dotación de Polos, así como a usar o programa Tinkercad para o deseño en 3D e o programa Creality k1 para configurar a cama da impresora.
Grazas ao aprendido e aos recursos que descubrimos en thingiverse (un repositorio cheo de deseños xa feitos), poidemos facer a miniatura de Chispas (a mascota da nosa biblioteca).
martes, 18 de marzo de 2025
DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC 2025
O próximo xoves, 24 de abril, o Centro de Supercomputación de Galicia, a Dirección Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizamos o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day), dirixido especiamente ao alumnado do último ciclo de primaria e alumnado de secundaria de Galicia. Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional. https://www.itu.int/women-and-girls/girls-in-ict/
Para celebralo, ese día no CESGA celebramos un COLOQUIO VIRTUAL DE TECNÓLOGAS GALEGAS CO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS
Trátase dun animado coloquio virtual dende o CESGA dirixido a centros educativos, no que participan 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de primaria e secundaria poderá preguntar todas aquelas inquedanzas e dúbidas sobre os seus eidos profesionais ou as súas motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.
Este ano contamos cunha investigadora en física cuántica, unha docente, directora de área e investigadora en telecomunicacións, unha enxeñeira aeroespacial que participa desenvolvendo un coche monoplaza de carreiras e unha enxeñeira informática líder de proxectos internacionais e exitosa creadora de contidos en TikTok e outras RRSS!
As catro complementan cos seus perfis diversos unha realidade do mundo profesional na que as tecnoloxías xogan un papel moi importante e as veces non tan "evidente".
A apertura institucional e o coloquio comezará as 11:00, cunha duración de 1 hora e media, ata ás 12:30. (toda a info: https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/ ). Durante todo o coloquio poderedes participar con preguntas e comentarios dirixidos ás relatoras en directo. A parte técnica non será ningún problema, porque so require o acceso a través dun navegador web.
jueves, 13 de marzo de 2025
OBRADOIRO CON LABORATORIO DE RADIO (RADIO NA BIBLIO)
Radio na biblio é un
programa impulsado por Bibliotecas Escolares que incide na alfabetización
mediática e computacional do alumnado con propostas que promovan o coñecemento
e un uso responsable da información en múltiples formatos.
Nesta ocasión contamos cun obradoiro
de formación para o alumnado de 1º de ESO e 5º de EP a cargo de
Sergio, un dos responsables da empresa Laboratorio de radio, que xa
coñece este centro por proxectos anteriores
co noso alumnado.
Sergio lembrounos a importancia de
saber escoitar na radio (e na vida) e, sobre todo, da escoita activa para
acadar unha mellor comunicación. Durante a sesión realizamos varias dinámicas
que deron como resultado dous relatos curtos realizados coa técnica creativa do
“cadáver exquisito” que gravamos na radio.
Aprendemos e divertímonos!
Formación Maker Store
Dende o PFPP de Polos Creativos estamos a contar con Carmela de Maker Store Carballo como a nosa formadora. Grazas a ela aprendemos todo o ...

-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
-
Neste primeiro trimestre, nos ambientes de educación infantil, fomentouse a creatividade e o pensamento computacional a través do uso de mat...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...