Alumnado do CPI Virxe da Cela, a través de Radio Xesteira, fai un homenaxe neste día, 13 de febreiro, a este medio, a radio, no Día Mundial da Radio. Esta data tan especial celébrase grazas á UNESCO.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
miércoles, 16 de febrero de 2022
viernes, 11 de febrero de 2022
11 Febreiro. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Mujeres Científicas 2022 Alegría Educativa GALEGO by veracruces on Scribd
lunes, 7 de febrero de 2022
Especial radiofónico: entrevista con Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia.
O alumnado de 6º de educación primaria, alentado pola súa titora Cristina Lage, tras varias sesións de traballo vinculado á participación no programa "Semana do Parlamento na Escola", acadou o seu obxectivo: entrevistar en persoa ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta entrevista radiofónica tivo lugar o venres 4 de febreiro de 2022, e está enmarcada dentro do proxecto de radio escolar "Radio Xesteira". Tomando como punto de partida a importancia das nosas institucións e, en concreto, sobre o importante papel do Parlamento, saíron varias cuestións de relevancia, contestadas con cercanía e con familiaridade por parte do noso Presidente.
jueves, 3 de febrero de 2022
OBRADOIROS DE RADIO
Un ano máis contamos coa presenza de Laboratorio Radiofónico para impartir obradoiros de radio no CPI Virxe da Cela. Sergio Pascual y Dani Vidal son os encargados de impartir estes obradoiros a alumnado de educación infantil e educación primaria. Dous venres ao mes fanse obradoiros simultáneos na aula Ferraganchos e na Biblioteca Castelao.
Formación Maker Store
Dende o PFPP de Polos Creativos estamos a contar con Carmela de Maker Store Carballo como a nosa formadora. Grazas a ela aprendemos todo o ...

-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
-
Neste primeiro trimestre, nos ambientes de educación infantil, fomentouse a creatividade e o pensamento computacional a través do uso de mat...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...