O venres 18 xuño 2021 contamos no noso centro coa visita de Francisco Martínez, coñecido betanceiro apodado como "Pin". Dúas nenas de 5 de educación primaria fixéronlle na Aula Ferraganchos unha interesante entrevista radiofónica que próximamente será editada por RTVEnxebre e a compartiremos con todos vós a en formato audiovisual. Esta entrevista xirou en torno á elaboración de preciosas obras artísticas como maquetas de pobos costeiros ou figuras de peixes partindo de obxectos de refugallo atopados nas praias (trozos de madeira, cordas, cravos, plásticos). Grazas, "Pin", por sensibilizarnos no coidado do medioambiente!
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
lunes, 21 de junio de 2021
miércoles, 16 de junio de 2021
COÑECENDO A CONTORNA CON SEEK DE iNATURALIST
AULA STEM. PROGRAMA EDUCATIVO ITINERANTE DA AFUNDACIÓN
ESPAZO DE XOGOS MATEMÁTICOS
PARROQUIA FERRAGANCHOS: ESPAZO PARA APRENDER CREANDO
lunes, 7 de junio de 2021
MULTIESPAZOS NA AULA FERRAGANCHOS
A piques de finalizar o curso académico 2020-2021, xa temos a Aula Ferraganchos totalmente reformada e equipada. Esta aula, situado no primeiro andar do edificio de secundaria, e que albergará a Biblioteca Creativa, ten un ambiente acolledor que fomentará o traballo de investigación, de colaboración e permitirá desenvolver numerosos proxectos. Aínda que non ten divisións no seu interior, o propio mobilidario e equipamento a organiza en multiespazos ou recunchos para traballar con radio, con gravación de chroma, ou ben experimentar coa construción e manipulación de robots, drones, impresora 3D, etc.
Continuamos programando en educación infantil
O alumnado de infantil continúa practicando a programación para favorecer o desenvolvemento do pensamento computacional: De forma conectad...
.jpg)
-
O alumnado de infantil, pasouse pola aula de Polos para coñecer a Photon, un robot co que as nenas e nenos se inician na programación de for...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...