Xoves 29 de abril 2021. Sesión de iniciación ao manexo de drones. O alumnado de 4º da ESO da materia de música, guiado por Johan Palma, aprendeu a montar os drones...., descargar a aplicación.... e poñer en funcionamento o dron. Practicaron durante varios minutos os diferentes movementos (elevación, xiros, direccións), poñendo a proba as súas capacidades motoras. Para a seguinte sesión trataremos de aplicar estos coñecementos relacionándoos coa materia de música, de tal xeito de levar a cabo unha coreografía orquestada con drones.
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
jueves, 29 de abril de 2021
miércoles, 28 de abril de 2021
PIZARRA ONLINE: NOTEBOOKCAST
Existen moitas ferramentas dixitais que permiten o traballo colaborativo, e hoxe, 28 de abril, Johan Palma axudounos a descubrilas. O alumnado de 2º da ESO experimentou utilizando tabletas e a aplicación Notebookcast, unha pizarra on-line, o que lles permitiu á par aprender conceptos musicais, afianzar as competencias lingüísticas en inglés e manexar novas tecnoloxías, á par que divertirse xogando a un xogo de adiviñas.
lunes, 26 de abril de 2021
AULA FERRAGANCHOS: NOVO ESPAZO PARA A BIBLIOTECA CREATIVA
A Aula Ferraganchos é o novo espazo que albergará a Biblioteca Creativa. Despois de varios meses de obras para acondicionar a antiga Aula de Chroma, xa temos o espazo listo para funcionar. Alumnado do centro axuda nos traballos de organización do novo espazo: motaxe e distribución do mobiliario, clasificación e ordenación de materias, etc.
viernes, 23 de abril de 2021
miércoles, 14 de abril de 2021
APRENDENDO MÚSICA E IDIOMAS CON GOOGLE TRANSLATOR
Hoxe, 14 abril 2021, Johan Palma ensinou ao alumnado de 2º da ESO a utilizar os dispositivos móbiles dun xeito educativo, e poder aprender conceptos musicais a través da aplicación Google Translator. Os rapaces e rapazas, organizados en pequenos grupos, manexaron conceptos musicais como ritmo, melodía, afinación, etc, escritos en diferentes idiomas.
miércoles, 7 de abril de 2021
BAILANDO CON SCRATCH
Aprender programación con Scratch é moi útil sobre todo se lle damos un uso divertido e artístico, así o experimentaron os rapaces e rapazas de 2º e 4º da ESO na semana do 5 ao 9 de abril de 2021. Axudados por Johan Palma moveron o seu corpo cos xogos de Dance, Dance Dance Revolution, utilizando os pes para activar os placas de cartón recubertas de papel de aluminio.
RADIO NA BIBLIOTECA CREATIVA
Durante a última semana do mes de marzo, antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de educación primaria tivo a sorte de estrenar o estudio radiofónico situado no novo espazo adiacado á Biblioteca Creativa. Participan na formación do Laboratorio Radiofónico, guiados por Sergio Pascual e Daniel Vidal
Formación Maker Store
Dende o PFPP de Polos Creativos estamos a contar con Carmela de Maker Store Carballo como a nosa formadora. Grazas a ela aprendemos todo o ...

-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
-
Neste primeiro trimestre, nos ambientes de educación infantil, fomentouse a creatividade e o pensamento computacional a través do uso de mat...
-
Outro curso máis, durante os leceres de comedor, o alumnado (de 4º EP a 4º ESO) tivo a posibilidade de desfrutar quincenalmente das xuntanz...