A Biblioteca Castelao converteuse nun espazo para viaxar e deixar voar a nosa imaxinación. Esta vez o destino foi a India, un enigmático e lonxano país, que a través da Fundación Vicente Ferrer cada vez está máis próximo a nós. O alumnado de 3º de primaria, acompañado pola súa mestra de inglés (Cristina Cillero), tivo o privilexio de abrir o paquete chego da India (martes 17 decembro 2019). Os nenos e nenas quedáronse impresionados cos fermosos e diversos contidos elaborados polos nenos e nenas da Konampalli School (Anantapur, India), que ano tras ano envían á noso centro a modo de intercambio epistolar e de tradicións (programa School to School, da Fundación Vicente Ferrer). Agora tócanos a nós, esperamos poder facer materiais que estean á súa altura para enviarllos a final de curso!!
#CasteL@b é o blogue dos programas Polos Creativos e Biblioteca Creativa no CPI Plurilingüe Virxe da Cela. Forma parte da Biblioteca Castelao. Os programas Polos Creativos e "Biblioteca Creativa" son promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
jueves, 26 de diciembre de 2019
AS BIBLIOTECAS GAÑAN ESPAZOS. AVALIAR PARA APRENDER
Artigo Eduga nº 78. Entrando xa no cuarto ano de desenvolvemento do programa “Biblioteca Creativa”, considerouse necesaria unha avaliación que permitise coñecer o momento no que se está e as múltiples iniciativas que en cada centro se están a desenvolver ao abeiro do programa. O encontro previsto para o mes de outubro constituíu un contexto ideal para compartir os avances, tamén as dificultades, os logros e as reflexións que están a xurdir. Premer na imaxe para acceder ao artigo en Eduga nº 78.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
RADIO CUN SORRISO: SUICIDIO XUVENIL E SAÚDE MENTAL
“Radio cun sorriso” é unha iniciativa do CPI Virxe da Cela para traballar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible ( ODS...
-
O alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar por Aprendizaxe Baseado en Xogos e tódolos martes adican un ratiño a usar diferente...
-
Na aula de 5º de Educación Infantil fomos cociñeiros! Fixemos entre todos marmelada de figos. A elaboración dunha receita de cociña é unh...
-
O pasado xoves 24 de abril dous estudantes de 2º ESO do noso centro tiveron a oportunidade de participar na fase de zona da Olimpíada Matem...